O noso compromiso é protexer a 1 de cada 4 traballadores do Sistema da Seguridade Social, cunha atención próxima, humanista e personalizada que responda á confianza depositada polos nosos mutualistas e contribúa ao uso eficiente dos recursos.
Somos un equipo formado por máis de 4.400 profesionais comprometidos coa prestación dun servizo excelente, a eficiencia na xestión, a innovación e a investigación nos distintos ámbitos en que desenvolvemos a nosa actividade.

Que facemos na FREMAP?
A xestión das prestacións económicas e da asistencia sanitaria, incluída a rehabilitación, comprendidas na protección das continxencias de accidentes de traballo e enfermidades profesionais da Seguridade Social, así como das actividades de prevención das mesmas continxencias, ademais da xestión de todas as prestacións do sistema da Seguridade Social que lle corresponden ás Mutuas: Enfermidade común e accidente non laboral, Risco durante o embarazo e risco durante a lactación natural, Prestación por cesamento de actividade dos autónomos, Prestación económica para o coidado de menores afectados por cancro ou outra enfermidade grave
" Temos o convencemento de que a consecución de medios de traballo seguro e saudable repercute moi positivamente nos traballadores, nas nosas empresas, así como na Seguridade Social e na sociedade no seu conxunto."
A nosa colaboración coa Seguridade Social cobre as necesidades dos / os traballadores/as que se ven afectados por un dano derivado do traballo ocupandonos, con persoal altamente especializado, da asistencia sanitaria, da xestión económica, da prevención e facilitando, en caso de cumprir, o acceso ás Prestacións Especiais e ao servizo de readaptación profesional.

EQUIPO E INSTALACIÓNS
208
centros
de atención
4 Hospitais con internamento
4 Hospitais de día
2 Hospitais intermutuais
7,5
millóns
Novos investimentos
en 2019
6,76
millóns
Investimentos en reposición
en 2019
216.986
m2
A disposición dos nosos
traballadores protexidos e empresas asociadas
TECNOLOXÍA E SISTEMAS
Servizos
Webinars
Impresión 3D
Xestión
de imaxes médicas
innovación
Historia clínica unificada
Canles
Fcontigo e FOL
Skype
Agile
Equipo FREMAP
4.532
Profesionais
Persoas
Xestión
Persoas
Soporte técnico
Persoas
Prevención
Persoas
Medico Sanitarias
Persoas
Servizos Xerais
SAÚDE LABORAL
Coidamos de ti
DESENVOLVEMENTO DO TALENTO
Medramos xuntos
SATISFACCIÓN DOS EMPREGADOS
A Persoa no centro da nosa actuación
APOSTAMOS POR UN TRABALLO ESTABLE
Futuro
BENEFICIOS SOCIAIS
Valor que suma
TRABALLO COLABORADOR
Avanzando en equipo.
COMPROMETIDOS COA INTEGRACIÓN.
Cremos nas túas capacidades
RESPONSABILIDADE SOCIAL
Na FREMAP, entendemos a Responsabilidade Social como un compromiso voluntario e responsable que vai máis alá das obrigas legais, e que integra na súa xestión as expectativas dos seus grupos de interese contribuíndo á mellora da saúde, ao desenvolvemento sostible e ao benestar da sociedade. FREMAP aspira a ser un modelo de empresa responsable e sostible, achegando valor aos nosos grupos de interese e incorporando, na nosa xestión, eixes fundamentais da responsabilidade social como son o goberno corporativo, o respecto ao medio natural, os dereitos humanos ou a innovación.

DEZ PRINCIPIOS DA REDE ESPAÑOLA DO PACTO MUNDIAL
Desde 2002 sumando compromisos
A través da nosa actividade, desempeñamos un papel activo na consecución dos ODS, contribuíndo de forma directa ou indirecta na consecución dos mesmos.

POLÍTICA AMBIENTAL
Contribuímos ao progreso social
Ten por obxecto establecer os principios de actuación que orientan FREMAP para o desenvolvemento da súa estratexia nesta materia, permitindolle mellorar o seu desempeño ambiental e contribuír ao progreso da sociedade baseandose na Responsabilidade Social, e dando resposta ás expectativas e intereses dos principais grupos de interese.

NON Á VIOLENCIA DE XERO
Empresa por unha sociedade libre de violencia de xénero
Realizando distintas actividades de sensibilización e contribuíndo ao obxectivo dunha sociedade sen violencia de xénero

ACCIÓN SOCIAL DA FREMAP
Impulsando a solidariedade
Un movemento solidario creado polas persoas que compoñen a nosa empresa, que, alentadas polos principios da Cultura de Empresa e as súas inquietudes sociais, decidiron contribuír ao progreso da sociedade desde outro enfoque distinto ao propio da actividade da FREMAP.

BEQUAL
O Selo Bequal Plus certifica o noso compromiso cos dereitos das persoas con discapacidade, a súa inclusión laboral e social

CHÁRTER DIVERSIDADE
FREMAP consciente das vantaxes de posuír un cadro de persoal diverso, está adherida ao Chárter da diversidade para fomentar o seu compromiso nos principios fundamentais de igualdade e inclusión da diversidade humana.