Omitir os comandos de cinta
Saltar ao contido principal

Páxina web da FREMAP

Saltar ao contido

Prestacións Especiais

Que son as Prestacións Especiais?

Son axudas económicas de carácter graciable, en atención a estados e situacións de necesidade, que se presentan como consecuencia de accidente de traballo e enfermidade profesional.

Fináncianse a través do orzamento aprobado polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social e con cargo á Reserva de Asistencia Social xerado pola Mutua.

Quen poden solicitar esta axuda económica?

Poderán ser suxeitos beneficiarios das prestacións especiais:

  • A persoa traballadora, polos danos sufridos como consecuencia dun accidente de traballo ou dunha enfermidade profesional.
  • O cónxuxe ou a parella de feito do traballador aínda nos casos en que non teña dereitos sucesorios do traballador falecido e os fillos do traballador accidentado. En ambos os dous supostos, deberán constituír unha unidade de convivencia co traballador.
  • En defecto dos anteriores: os netos; e, a falta deles , os pais. En ambos os dous supostos, deberán constituír unha unidade de convivencia co traballador.
  • Poderá ser beneficiario da prestación de auxilio por defunción calquera familiar, cónxuxe ou parella de feito que teña a condición de habente-dereito e fixese fronte aos gastos do deceso.

Que tipo de prestacións pódense solicitar?

  • 1 REHABILITACIÓN E RECUPERACIÓN
    • 1.1 Axuda para custear o ingreso nun centro sociosanitario ou residencial
    • 1.2 Axuda para custear os gastos vinculados ao ingreso dun traballador nun centro hospitalario
    • 1.3 Axuda para prótese e axudas técnicas non regradas
    • 1.4 Axuda para tratamentos médicos ou terapias non regradas
  • 2 REORIENTACIÓN PROFESIONAL E ADAPTACIÓN DO POSTO DE TRABALLO
    • 2.1 Cursos para a formación profesional e inserción sociolaboral
    • 2.2 Adaptación do local onde o traballador autónomo desenvolve a súa actividade
  • 3 AXUDA PARA A ADAPTACIÓN DOS MEDIOS ESENCIAIS PARA O DESENVOLVEMENTO DAS ACTIVIDADES BÁSICAS DA VIDA DIARIA
    • 3.1 Axuda para a eliminación de barreiras na vivenda habitual
    • 3.2 Axuda para adquisición de vivenda habitual adaptada
    • 3.3 Axuda para a adaptación de vehículo
    • 3.4 Apoio domiciliario para o desenvolvemento das Actividades básicas da vida diaria
    • 3.5 Axuda para o acceso á nova Tecnoloxía, información e comunicación
  • 4 OUTRAS PRESTACIÓNS
    • 4.1 Complemento auxilio por defunción
    • 4.2 Axuda para a formación no coidado de persoas en situación de Gran invalidez
    • 4.3 Axuda para o mantemento da posesión ou gozo da vivenda habitual

Como obter estas axudas?

Deberá presentarse a solicitude á Comisión de Prestacións Especiais. Esta Comisión está formada por cinco representantes dos empresarios asociados á FREMAP e cinco representantes dos traballadores das Empresas asociadas á FREMAP, designados polas Centrais Sindicais. A Comisión valorará cada solicitude que se presente e emitirán unha resolución.

Todas as solicitudes deberán dirixirse a Comisión de Prestacións Especiais da FREMAP ao domicilio da Entidade:

Carretera de Pozuelo, 61
28222 Majadahonda (Madrid)

​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​