Situación: Estás embarazada e cres que as condicións do teu posto de traballo poden influír negativamente á túa propia saúde ou á do feto.
O teu xestor persoal de FREMAP vaiche a explicar como actuar:
- Deberás solicitar á FREMAP o recoñecemento médico do risco. Formulario Solicitude
- O noso médico atenderate en consulta e valorará a túa situación canda a documentación achegada.
- O noso médico emitirá, se é o caso, o certificado recoñecedor da existencia de risco.
- A túa empresa debe adaptar as condicións do teu posto de traballo para que este non supoña un risco.
- Se non é posible, a túa empresa procurará cambiarte de posto de traballo a outro que poidas desempeñar e que non supoña un risco.
Se finalmente non é posible adoptar ningunha das medidas anteriores, podes, de acordo coa túa empresa, solicitar a prestación económica.
O teu xestor persoal da FREMAP vaivos explicar que pasos dar a continuación:
- Solicitude á FREMAP da prestación económica. Formulario Solicitude da Prestación


- FREMAP recoñecerá o dereito a partir da data en que a túa empresa che suspenda o contrato de traballo.
Pomos á túa disposición información adicional acerca da cobertura que presta FREMAP en casos de Risco Durante o Embarazo e Risco Durante a Lactación Natural.