FREMAP renova o certificado ISO 27001 de Seguridade da información

MADRID (28/07/2021)

FREMAP renovou por un novo período de tres anos a acreditación de Seguridade da información na norma internacional ISO 27001.

O certificado, outorgado tras a auditoría realizada pola AENOR, acredita que FREMAP ten implantado un conxunto de controis axeitados para asegurar a confidencialidade, integridade e dispoñibilidade do seu sistema de información e datos dos seus grupos de interese, cubrindo todas as actividades e centros da Mutua.

Nun contexto de tendencia crecente de ciberataques e brechas de seguridade, faise necesario que as compañías dispoñan de sistemas de xestión que permitan minimizar os riscos e vulnerabilidades dos seus sistemas de información.

Coa adopción deste estándar internacional e a certificación periódica da súa implantación, FREMAP mantén o seu firme compromiso de seguir traballando en procesos de mellora continua para a protección dos equipos, aplicacións e ferramentas tecnolóxicas que xestionan a súa información corporativa.