Fundación Másfamilia e CEPSA presentan en Barcelona o Barómetro da conciliación

Onte xoves 6 de xuño, na sede de Foment del Treball Nacional en Barcelona, presentáronse os resultados do II Barómetro da Conciliación-Indice efr

MADRID (07/06/2019)

As principais conclusións son:

  • O estado da conciliación en España mellora e recupera o nivel perdido durante a crise.
  • Nunha análise global a escala temporal, comezando en 2008 como ano de partida e finalizando en 2017, apréciase unha recuperación xeral, tanto do índice efr como dos respectivos subíndices.
  • Os datos revelan un avance de 3,2 puntos con respecto aos do barómetro do ano pasado.
  • As melloras prodúcense tanto no ámbito social, como no empresarial.
  • No social hai un crecemento significativo en todos os indicadores, resultando moi salientable o de igualdade de oportunidades, cunha mellora de máis de 12 puntos debido ao aumento de mulleres estudando carreiras técnicas e o ratio de horas dedicadas ao fogar de mulleres e homes.
  • No ecosistema empresarial tamén se observa un crecemento en indicadores como a xestión da conciliación e a diversidade na empresa (cun incremento de cinco puntos en ambos os dous casos) e retroceden lixeiramente outros como responsabilidade social empresarial (RSE), reputación corporativa ou competitividade e produtividade.

A través deste Barómetro da conciliación obtivose o Índice efr, o primeiro dato global do estado da conciliación da vida persoal, familiar e laboral en España. Trátase dunha ferramenta de medición global da conciliación que ofrece, a través de análise dos indicadores e comparando os resultados en función da súa evolución no tempo, a información sobre os cambios producidos e tendencias no ámbito social e empresarial en materia de conciliación laboral e familiar.

Rafael Merino. Director da Área de Relacións Laborais da FREMAP participou na mesa “Debates de Conciliación” conxuntamente con responsables de importantes empresas que puxeron en común experiencias e boas prácticas no ámbito da conciliación. 

Clausurou a Xornada, Josep Ginesta i Vicente, secretario Xeral de Traballo e Asuntos Sociais de Generalitat de Catalunya quen puxo de manifesto a importancia de dispor de indicadores como os que achega o barómetro presentado que contribúen a facilitar a adopción de políticas de conciliación nas empresas.