FREMAP participa na Xornada "Presentación de Resultados, Índice efr 2018-2019".

O vindeiro xoves 6 de xuño, Fundación Másfamilia e CEPSA presentan en Barcelona o Barómetro da conciliación.

MADRID (31/05/2019)

A través deste Barómetro da conciliación obtivose o Índice efr, o primeiro dato global do estado da conciliación da vida persoal, familiar e laboral en España. Trátase dunha ferramenta de medición global da conciliación que ofrece, a través de análise dos indicadores e comparando os resultados en función da súa evolución no tempo, a información sobre os cambios producidos e tendencias no ámbito social e empresarial en materia de conciliación laboral e familiar.

A Xornada, que se celebrará na sede de Foment del Treball, contará coa participación de D. Rafael Merino. Director da Área de Relacións Laborais da FREMAP. 

PROGRAMA:

  • 10:00 h. Inauguración da Xornada.
    • FRANCINA VALLS, presidenta da Comisión de Igualdade de Foment del Treball
  • 10:15 h. Resultados Barómetro da Conciliación 2018 – 2019
    • Roberto Martínez, director. Fundación Másfamilia
  • 10:45 h. Debates de Conciliación
    • Carlos Morán, director RRHH. CEPSA
    • José María Bascán, director RRHH. Wolters Kluwer
    • Rafael Merino Gómez. Director RRLL. FREMAP
    • Francesc Mayné Llobet. Director de RH. Suez Espanya i Latinoamèrica
  • Modera: Isabel Hidalgo, Manager Comunicación. Fundación Másfamilia
  • 11:45 h. Clausura
    • Josep Ginesta i Vicente, secretario Generall de Traballo e Asuntos Sociais. Generalitat de Catalunya