Noticias

FREMAP inaugura as novas instalacións do seu Centro Asistencial en León

Onte martes 5 de marzo, levouse a cabo un acto institucional con motivo da posta en servizo do Centro Asistencial da FREMAP en León unha vez finalizadas as obras de remodelación das súas instalacións.

MADRID (06/03/2019)

No acto institucional e posterior visita o centro, estiveron presentes o presidente da Deputación de León: D. Juan Martínez Majo, a directora provincial do INSS, Dª Margarita Santos Martínez, o director rexional de FREMAP en Castela e León, D. Francisco Manuel Do Cura Portela, o director de FREMAP en León, D. Alejandro Federico Bedoya Falce así como membros da comunidade empresarial e profesional de León.

O centro asistencial, de máis de 1200 m2, está dotado de 6 consultas médicas, dúas salas de curas, sala de xesos, sala de RX dixital, así como dun ximnasio de rehabilitación de máis de 300 m2, oficinas administrativas e unha aula de formación con 20 prazas.

As novas instalacións dispón dos últimos avances tecnolóxicos para realizar tratamentos punteiros en técnicas de terapia manual, hidroterapia e electroterapia para a rápida e correcta recuperación funcional dos pacientes.

O equipo humano que dá servizo a empresas e pacientes mutualistas, está formado por seis médicos, cinco enfermeiros, catro fisioterapeutas, nove especialistas en xestión, unha traballadora social e dous técnicos de prevención, para dar cobertura a case 38.000 traballadores.