Guías dinámicas de axudas e incentivos

Contido da páxina

Estas Guías recollen todas as axudas e incentivos outorgados e convocados pola Administración Xeral do Estado, Administracións Autonómicas, Administracións Locais e outros organismos públicos.

O termo "dinámica" indica que estas Guías están permanentemente actualizadas e conteñen só información sobre axudas e incentivos con prazo de solicitude aberta. Este é o valor engadido que a diferenza das guías publicadas por outras organizacións.

A Guía xérase no momento en que se pulsa o botón de descarga, o sistema accede á base de datos de axudas e incentivos e selecciona as axudas que nese momento teñen o prazo de solicitude aberto. O resultado obtido adáptase a un deseño específico e móstranse en formato PDF.