Omitir os comandos de cinta
Saltar ao contido principal

Páxina web da FREMAP

Saltar ao contido

Emprendedores

Imaxe decorativa, moza conordenador nunha mesa

Queremos axudarche a emprender. A nova Lei de Emprendedores ofrece oportunidades para a creación de empresas

Lei de Emprendedores

Novidades da Lei 14/2013, do 27 de setembro, de apoio aos emprendedores e a súa internacionalización Esta ligazón abrirase nunha ventá emerxente.

  • Apoio á iniciativa emprendedora; actuacións na educación para o emprendemento.
  • Limitación de responsabilidade limitada do emprendedor, pola que se limita a responsabilidade empresarial. Emprendedor de Responsabilidade Limitada.
  • Regulación de Sociedade limitada de Formación Sucesiva.
  • Fomento da actividade emprendedora; puntos de atención a emprendedores, facilidade na constitución e trámites.
  • Apoios fiscais e en materia de seguridade social.
  • Apoios ao financiamento dos emprendedores.
  • Simplificación de cargas administrativas e impulsión á contratación pública con emprendedores.
  • Medidas de Impulso á internalización da economía española.

Buscadores de Axudas en Incentivos para a Creación de Empresas.

Consulte as axudas e incentivos convocados polas Administracións Central, Autonómica, Local e polos Organismos Públicos, así como por distintos Organismos Europeos.

Axudámosche a emprender

Os inicios como empresa son un reto.apoiámosche para lograr que a túa empresa sexa máis produtiva desde o primeiro día, pondo o noso Sistema de Xestión á túa disposición:

Mellorar a produtividade xestionando o absentismo

Queremos axudarche. Somos expertos en xestionar o absentismo.

Cos datos de absentismo da túa empresa preparamos informes do teu absentismo médico e do seu custo, así como a comparativa co sector ao que pertences e analizámolos. A partir da análise, establecemos valores cuantitativos de referencia que melloren os teus datos de absentismo. Isto axudaranos a realizar un traballo conxunto dirixido á súa consecución e, en definitiva, á redución do teu custo de absentismo.

Facilitámosche as cousas

Hai unha persoa na FREMAP que se vai ocupar de ti sempre. É o teu xestor persoal:

  • Asistencia Hospitalaria
  • Rede Asistencia Propia
  • FREMAP Asistencia
  • Readaptación Profesional
  • Asistencia Social
  • Psicoloxía
  • Prevención
  • Cursos
  • Caixas de primeiros auxilios
  • A. Sanitaria Ambulatoria
  • Xestión do Absentismo

Xestión da Saúde

Na FREMAP traballamos para conservar a túa saúde. O noso obxectivo é previr os accidentes de traballo e curar as lesións que producen. Dispomos de profesionais de alta capacitación que garanten o benestar dos traballadores asegurados na Mutua.

Medios Humanos: A infraestrutura de FREMAP, conta a maior rede asistencial con máis de 200 centros distribuídos por todo o país, entre eles, catro hospitais (Majadahonda, Sevilla, Barcelona e Vigo), catro hospitais de día (Valladolid, Jerez de la Frontera, Málaga e Zaragoza) e os centros intermutuais de Valencia e Bilbao.

Medios Tecnolóxicos: aplicamos os máis avanzados tratamentos e probas médicas para a mellora da túa saúde.

Todos aqueles traballadores das nosas empresas mutualistas, ou traballadores por conta propia, que sufrisen un Accidente de Traballo ou Enfermidade Profesional que como consecuencia deste suceso sofren unha situación de necesidade económica por mingua dos ingresos ou gastos especiais non cubertos pola Seguridade Social poden optar ás prestacións especiais.

Es Autónomo? Calcula a túa cota

Para o teu interese tes a disposición un Calculador de Cotas de Autónomos ; introduce os datos para saber a cota exacta e os servizos que terás para cada cobertura.

Asóciate á FREMAP

Desexas que FREMAP sexa a túa Mutua de Accidentes de Traballo? A túa empresa e traballadores encontrarán multitude de vantaxes e beneficios ao asociarse á FREMAP.

Temos toda a documentación e os trámites necesarios para poder asociarche FREMAP.

Máis información para emprendedores

​​​​​​​​​​