Omitir os comandos de cinta
Saltar ao contido principal

Páxina web da FREMAP

Saltar ao contido

Equipo FREMAP

FREMAP ten un cadro de persoal de aproximadamente 4.000 empregados que prestan os seus servizos en máis de 200 centros distribuídos por todo o país.

Equipo FREMAP

Como reflexo dos principios recollidos na Cultura de Empresa, no Código de Conduta e nas políticas de Recursos Humanos impulsados estratexicamente pola Entidade, o perfil dos empregados da FREMAP está caracterizado polos seguintes trazos:

  • Profesionalidade : Froito da formación, da experiencia e do desenvolvemento profesional contemplado nas políticas de xestión de Recursos Humanos.
  • Atención Integral : Promovida desde a colaboración e a comunicación entre as diferentes áreas implicadas na prestación do servizo (Área de Prevención, Área Sanitaria e Área de Xestión) co obxectivo lograr unha atención personalizada e coordinada cara aos pacientes, as empresas mutualista e os colaboradores.
  • Vocación de servizo : Conscientes da sensibilidade e do coidado cos que se debe acometer a prestación dun servizo excelente.

Convencida de que o compromiso dos seus empregados con eses valores constitúe a base do seu liderado, FREMAP procura un medio que acentúe o sentimento de pertenza a través das condicións laborais, do coidado da saúde laboral e de actuacións que favorecen o desenvolvemento profesional e persoal.

Selección e acollida

Coa finalidade de contar cos mellores profesionais, a incorporación de novos empregados á FREMAP lévase a cabo seguindo os criterios de transparencia, obxectividade e o principio de igualdade de oportunidades. Unha vez no equipo, coidamos a súa integración con formación, información e proximidade.

FREMAP dispón dun formulario en liña a través do que os candidatos poden introducir o seu Curriculum Vitae, e participar nos procesos de selección que se organicen.

Estabilidade no emprego

FREMAP promove a contratación con vocación de permanencia, garantindo un marco laboral estable que facilita o desenvolvemento persoal e profesional.

Formación

Os empregados de FREMAP participan da súa política de formación continua, de acordo coas súas necesidades, os obxectivos da empresa e a busca permanente do desenvolvemento das súas aptitudes.

Desenvolvemento profesional

FREMAP propicia para os seus empregados unha cultura de crecemento profesional e de asunción paulatina de responsabilidades asociadas ao posto de traballo:

  • Os postos de responsabilidade nútrense da promoción interna dos profesionais da FREMAP.
  • Os postos de xestión pasan por varias etapas asociadas á evolución en coñecementos, experiencia e habilidades dos profesionais.
  • O Colectivo Sanitario da FREMAP ten o recoñecemento da súa profesionalidade e do seu desenvolvemento a través das Carreiras Profesionais.

Participación dos empregados na xestión da Entidade

FREMAP promove a presenza dos seus empregados nas comisións e nos grupos de traballo que se constitúen como medio para a mellora da xestión da entidade, integrando nas súas actuacións as ideas e as iniciativas daqueles .

Así mesmo preocúpase por dispor das mellores canles para propiciar que as comunicacións e os intercambios de información sexan fluídos en toda a Organización.

Dimensión social

  • FREMAP potencia o apoio ás persoas discapacitadas, procurando a súa readaptación física e a súa reinserción laboral, comprometendose, ademais a outorgarlles preferencia no emprego da Entidade e a facilitar a accesibilidade ás súas instalacións.
  • FREMAP fomenta a igualdade de oportunidades e a diversidade, rexeitando calquera discriminación por motivos de nacionalidade, sexo, raza, relixión ou factores de tipo social, económico, ideolóxico, político ou sindical.
  • FREMAP mellora a calidade de vida dos seus empregados, adoptando políticas para conciliar a vida familiar e profesional.
  • FREMAP coida a saúde dos seus empregados, previndo os riscos laborais como parte da xestión integral da empresa e procurando un medio de traballo seguro e saudable.
  • FREMAP comprométese a promover en todos os empregados un maior grao de solidariedade, responsabilidade e participación social a través da Comisión de Acción Social, cuxas accións implican estratexicamente a toda a Entidade no coidado de colectivos desfavorecidos.
​​​