Omitir os comandos de cinta
Saltar ao contido principal

Páxina web da FREMAP

Saltar ao contido

Principais características

  • Non teñen ánimo de lucro . Se como resultado da xestión que realiza unha Mutua, os ingresos son maiores que os gastos, a diferenza devólvese á Seguridade Social. Este superávit de ingresos denomínase excedentes e non beneficios, como se \ncoñecen nunha compañía privada
  • A asociación das empresas, públicas ou privadas, é voluntaria . A empresa pode elixir libremente a que Mutua asociarse ou mesmo se quere que estas continxencias sexan cubertas pola propia Seguridade Social
  • Están tuteladas polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social . Requiren da súa autorización para constituírse. A súa administración económica depende dos Orzamentos Xerais do Estado e as súas contas son anualmente auditadas polo citado Ministerio
  • Para constituírse deben limitar a súa actividade á colaboración anteriormente sinalada , contar como mínimo con 50 empresarios asociados e 30.000 traballadores protexidos e cun volume de cotas non inferior ao que legalmente se determine (na actualidade 9 millóns de ) e, finalmente, prestar unha fianza que se determina en función do volume de cotas a cobrar