Existe risco cando as condicións dun posto de traballo poden influír negativamente na saúde da traballadora embarazada ou do feto ou, no suposto de lactación, do fillo menor de 9 meses. Estas condicións comportan a imposibilidade para continuar no posto de traballo, sendo a empresa a que pon de manifesto a existencia do risco específico de exposición a través da avaliación de riscos do posto. Non trátase dun proceso automatizado, senón que se precisa un estudo individual de cada caso .
Serán beneficiarias as traballadoras por conta allea e por conta propia, incluídas as que desenvolven o seu traballo a tempo parcial, que se encontren afiliadas e en alta nalgún dos réximes do sistema da Seguridade Social na data en que se inicie a suspensión do contrato de traballo por Risco Durante o Embarazo ou a Lactación Natural .
- A traballadora debe comunicar ao empresario a súa situación de embarazo ou lactación natural, para o cal deberá solicitar ao Servizo Público de Saúde un informe médico en que se manifeste a súa situación de muller embarazada e data probable do parto.
- O empresario deberá adoptar as medidas preventivas necesarias para evitar que o risco exista . Se isto non fóra posible, a empresa, deberá cambiar de posto de traballo á traballadora (esta solución comporta unha bonificación do 50 %da cotización empresarial por continxencias comúns das cotas reportadas durante o período de permanencia no novo posto de traballo).
- Cando a adaptación non resultase posible ou, a pesar de tal adaptación, as condicións do posto de traballo puidesen influír negativamente na saúde da traballadora embarazada, do feto ou do fillo lactante, a traballadora deberá solicitar á FREMAP o certificado de risco de embarazo, que xustifica a necesidade do cambio de posto de traballo.
- A empresa deberá cambiar a traballadora de posto de traballo, destinandoa a un compatible coa súa situación de embarazo ou lactación. De non resultar iso posible, procederá a suspensión da relación laboral e a interesada solicitará á FREMAP o recoñecemento da prestación económica.
Non debemos confundir as situacións de Risco Durante o Embarazo ou Lactación Natural con outros supostos en que a imposibilidade para realizar o traballo por parte da interesada, proveña de circunstancias alleas ao seu traballo ou de doenzas que precisen un tratamento médico, en cuxo caso a prestación que lle correspondería sería a de Incapacidade Temporal por Enfermidade Común.
Corresponde ao 100 %da Base Reguladora de continxencias profesionais. O dereito ao subsidio nace o mesmo día en que se inicia a suspensión de contrato. A prestación de risco, finalizará:
- O día anterior a aquel en que se inicie o descanso por maternidade.
- Se se produce a incorporación ao posto.
- O día anterior a cumprir o fillo 9 meses (lactación natural).
- Cando se extingue o contrato de traballo.