Omitir os comandos de cinta
Saltar ao contido principal

Páxina web da FREMAP

Saltar ao contido

Accidentes de Traballo

Imaxe decorativa, traballadores

Enténdese por Accidente de Traballo toda lesión corporal que o traballador sufra con ocasión ou por consecuencia do traballo que execute por conta allea. Se é traballador autónomo, o ocorrido como consecuencia directa e inmediata do traballo que realiza pola súa propia conta e que determina a súa inclusión no campo de aplicación do devandito Réxime Especial.

As prestacións que poden recoñecerse por Accidente de Traballo son:

Asistencia Sanitaria

  • O tratamento médico-cirúrxico e rehabilitador das lesións ou doenzas sufridas, as prescricións farmacéuticas e, en xeral, todas as técnicas diagnósticas e terapéuticas que se consideren precisas polos facultativos que asistan o accidentado.
  • A subministración e renovación normal dos aparellos de prótese e ortopedia necesaria, e os vehículos para inválidos (cadeiras de rodas, etc).
  • A cirurxía plástica e reparadora axeitada cando quedasen deformacións ou mutilacións que produzan alteración importante no aspecto físico do accidentado ou dificulten a recuperación funcional para o emprego posterior.
  • O tratamento rehabilitador necesario para lograr unha curación máis completa e unha maior aptitude para o traballo no prazo máis corto
  • Os gastos que ocasione o desprazamento para recibir a asistencia, en medios normais de transporte, ou extraordinarios debidamente autorizados.

Prestacións económicas

As prestacións que FREMAP atenderá, producido o accidente ou a enfermidade profesional, veñen reguladas no texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, aprobado polo Real decreto Lexislativo 8/2015, do 30 de outubro (BOE de 31/10/15), e a normativa concordante:

  • Incapacidade temporal.- 75% da base reguladora desde o día seguinte á data  de baixa indicada no  parte médico de baja​.
  • Lesións permanentes non invalidantes.- Tanto alzado, segundo baremo.
  • Incapacidade permanente parcial.- 24 mensualidades da base reguladora.
  • Incapacidade permanente total.- Pensión equivalente ao 55 %da base reguladora máis un 20% para maiores de 55 anos que cumpran uns determinados requisitos legais.
  • Incapacidade permanente absoluta.- Pensión equivalente ao 100 %da base reguladora.
  • Gran invalidez.- Pensión equivalente ao 100 %da base reguladora, máis un complemento resultado de sumar o 45% da base mínima de cotización e o 30% da última base de cotización do traballador.
  • Prestacións derivadas de falecemento:
    • Auxilio por defunción.- 46,04 €.
    • Viuvez.- pensión do 52 %e indemnización a prezo fixado de 6 mensualidades da base reguladora.
    • Orfandade.- pensión do 20 %e indemnización a prezo fixado de 1 mensualidade da base reguladora por cada orfo.
    • Prestacións a favor de familiares.- pensións, subsidios temporais e indemnizacións a prezo fixado, en determinadas circunstancias de convivencia e vivencia a expensas respecto do falecido.
  • Aboamento dos gastos farmacéuticos.
  • Aboamento dos gastos hospitalarios ou dos facultativos cuxos servizos se utilizasen en casos de urxencia.
  • Aboamento dos gastos de desprazamento ocasionado por acudir aos servizos médicos da FREMAP

Prestacións especiais

A Comisión de Prestacións Especiais de FREMAP pode outorgar axudas económicas de carácter graciable, en atención a estados e situacións de necesidade, que se presentan como consecuencia de accidente de traballo e enfermidade profesional.

Poden solicitaro todos aqueles traballadores das nosas empresas mutualistas, ou traballadores autónomos que teñan a cobertura voluntaria de Accidente de Traballo ou Enfermidade profesional, e que sufrisen un accidente que lles ocasione unha situación de necesidade económica por mingua dos ingresos ou gastos especiais non cubertos pola Seguridade Social.

No caso de falecemento, poderán solicitalo os familiares ao seu cargo.

​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​