Omitir os comandos de cinta
Saltar ao contido principal

Páxina web da FREMAP

Saltar ao contido

Coñécenos

Na FREMAP somos \n\n4.472 persoas traballando para o benestar de máis de 4.700.000\n traballadores.

Somos unha Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais colaboradora coa Seguridade Social que ofrece prevención de riscos laborais, asistencia sanitaria, rehabilitación, reinserción laboral e algo máis.

Na FREMAP sentímosnos satisfeitos de contribuír a que os riscos e os accidentes non sexan impedimento para o desenvolvemento dos proxectos individuais ou colectivos dos nosos afiliados.

Como Mutua contamos hoxe coa maior rede de centros de traballo de España, máis de 200 e case todos eles asistenciais. Temos 4 hospitais propios, 2 intermutuais e catro máis para casos en que a cirurxía precisa dun curto período de internamento.

“Máis vale previr que curar” non é só unha frase feita, para nós o máis importante é evitar o Accidente de Traballo, ese é o noso punto de partida e facemos un gran esforzo na prevención e na formación dos nosos afiliados: empresas e traballadores autónomos.

Asignamos un interlocutor único para cada accidente, un xestor que axiliza os trámites para cada caso concreto, para cada persoa.

Traballamos conxuntamente para contribuír á saúde da túa empresa: O noso obxectivo en común. ​​​​​