Dereito de acceso: Dereito a obter confirmación sobre se na FREMAP, MUTUA COLABORADORA DA SEGURIDADE SOCIAL Nº 61 estamos tratando datos persoais que lle concirnen ou non e, en tal caso, a acceder aos mesmos.
Dereito de rectificación: Dereito a solicitar a modificación ou rectificación dos seus datos no caso de que sexan inexactos.
Dereito de supresión: Dereito a solicitar que os seus datos sexan borrados ou suprimidos por tratamento ilícito de datos, pola desaparición da finalidade que motivou o tratamento ou recollida, cando revoga o seu consentimento ou ópónse a que se traten ou cando deban suprimirse en cumprimento dunha obriga legal.
Dereito de oposición: Dereito a oporse en calquera momento por motivos relacionados coa súa situación particular, a que datos persoais que lle concirnan sexan obxecto dun tratamento baseado nun interese público ou nun interese lexítimo do responsable do tratamento ou dun terceiro.
Dereito de limitación do tratamento: Dereito a obter a limitación do tratamento dos seus datos, se impugna a súa exactitude, se o tratamento é ilícito, se xa non fosen necesarios os datos persoais para os fins do tratamento ou se exercitou o seu dereito de oposición ao tratamento de datos.
Dereito de portabilidade dos datos: Dereito a recibir os datos persoais que lle incumban nun formato estruturado, de uso común e lectura mecánica e a transmitiros a outro responsable, sempre que sexa tecnicamente posible.
Dereito a non ser obxecto de decisións individuais automatizadas: Dereito oporse a ser obxecto de decisións baseadas unicamente no tratamento automatizado de datos persoais, incluída a elaboración de perfís, cando a devandita decisión poida afectarlle xurídica ou significativamente. Ten vostede a posibilidade de impugnar a decisión e solicitar a intervención humana
Para o exercicio dos dereitos indicados cumprirá comunicación escrita dirixida á FREMAP, contendo:
- datos de identificación,
- copia do DNI ou documento válido de identidade
- petición en que se concreta a solicitude,
- enderezo para os efectos de notificación,
- data e sinatura do solicitante.
En caso de exercicio de dereitos por medio de representante, cumprirá que a solicitude se acompañe de autorización expresa e copia do DNI do representante e do representado.
A comunicación poderá presentarse en calquera dos nosos centros ou hospitais ou dirixirse FREMAP, por:
Así mesmo, tamén poderá contactar co delegado de Protección de Datos, por:
Ademais, ten dereito a:
revogar o consentimento prestado: No caso de que o tratamento teña a súa lexitimación no consentimento, ten dereito a revogaro.
presentar unha reclamación: Pode acudir en todo caso ante o delegado de Protección de Datos, ademais ten dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos.