Que son as Prestacións Especiais?
Son axudas económicas de carácter graciable, en atención a estados e situacións de necesidade, que se presentan como consecuencia de accidente de traballo e enfermidade profesional.
Fináncianse a través do orzamento aprobado polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social e con cargo á Reserva de Asistencia Social xerado pola Mutua.
Poderán ser suxeitos beneficiarios das prestacións especiais:
- A persoa traballadora, polos danos sufridos como consecuencia dun accidente de traballo ou dunha enfermidade profesional.
- O cónxuxe ou a parella de feito do traballador aínda nos casos en que non teña dereitos sucesorios do traballador falecido e os fillos do traballador accidentado. En ambos os dous supostos, deberán constituír unha unidade de convivencia co traballador.
- En defecto dos anteriores: os netos; e, a falta deles , os pais. En ambos os dous supostos, deberán constituír unha unidade de convivencia co traballador.
- Poderá ser beneficiario da prestación de auxilio por defunción calquera familiar, cónxuxe ou parella de feito que teña a condición de habente-dereito e fixese fronte aos gastos do deceso.
- 1 REHABILITACIÓN E RECUPERACIÓN
- 1.1 Axuda para custear o ingreso nun centro sociosanitario ou residencial
- 1.2 Axuda para custear os gastos vinculados ao ingreso dun traballador nun centro hospitalario
- 1.3 Axuda para prótese e axudas técnicas non regradas
- 1.4 Axuda para tratamentos médicos ou terapias non regradas
- 2 REORIENTACIÓN PROFESIONAL E ADAPTACIÓN DO POSTO DE TRABALLO
- 2.1 Cursos para a formación profesional e inserción sociolaboral
- 2.2 Adaptación do local onde o traballador autónomo desenvolve a súa actividade
- 3 AXUDA PARA A ADAPTACIÓN DOS MEDIOS ESENCIAIS PARA O DESENVOLVEMENTO DAS ACTIVIDADES BÁSICAS DA VIDA DIARIA
- 3.1 Axuda para a eliminación de barreiras na vivenda habitual
- 3.2 Axuda para adquisición de vivenda habitual adaptada
- 3.3 Axuda para a adaptación de vehículo
- 3.4 Apoio domiciliario para o desenvolvemento das Actividades básicas da vida diaria
- 3.5 Axuda para o acceso á nova Tecnoloxía, información e comunicación
- 4 OUTRAS PRESTACIÓNS
- 4.1 Complemento auxilio por defunción
- 4.2 Axuda para a formación no coidado de persoas en situación de Gran invalidez
- 4.3 Axuda para o mantemento da posesión ou gozo da vivenda habitual
Deberá presentarse a solicitude á Comisión de Prestacións Especiais. Esta Comisión está formada por cinco representantes dos empresarios asociados á FREMAP e cinco representantes dos traballadores das Empresas asociadas á FREMAP, designados polas Centrais Sindicais. A Comisión valorará cada solicitude que se presente e emitirán unha resolución.
Todas as solicitudes deberán dirixirse a Comisión de Prestacións Especiais da FREMAP ao domicilio da Entidade:
Carretera de Pozuelo, 61
28222 Majadahonda (Madrid)