FREMAP ofrece ao traballador autónomo un sistema de traballo rápido e eficaz tanto na atención sanitaria como na xestión administrativa das súas baixas, co obxectivo de proporcionar unha calidade asistencial excelente e unha xestión áxil dos seus trámites administrativos, que evitará desprazamentos, listas de esperas e burocracia.
FREMAP, unha entidade de traballadores para traballadores, de persoas para persoas.
Estamos comprometidos con:
- Atención médica personalizada e inmediata.
- A maior rede asistencial á túa disposición.
- Unidades médicas especializadas ao coidado da túa saúde.
- Rehabilitación cos medios máis avanzados en todos os nosos centros.
- Desenvolvemento tecnolóxico de última xeración para o coidado da túa saúde.
Enfermidade común
No caso de enfermidade común ofrecémosche:
- Tratamentos médicos e probas diagnósticas sen tempos de espera.
- Asesorámoste nos trámites administrativos relacionados coa túa baixa médica.
Accidente laboral
Se ademais elixes incluír esta opción beneficiaraste de:
- Aboamos todos os gastos derivados do teu accidente: asistencia sanitaria, farmacia e transporte.
- Coidamos da túa seguridade: Xestión da Prevención de Riscos Laborais.
- Melloramos o teu benestar tras o accidente de traballo.
- Asignámosche un asesor persoal para as túas xestións.
- Liña telefónica gratuíta marcando o 900 61 00 61.
Aboámosche as prestacións durante a túa baixa médica.
En caso de enfermidade común ou accidente non laboral aboarémosche:
- Do 4º aos 20º días de baixa o 60% da túa base reguladora.
- A partir do 21º día, o 75%.
En caso de accidente laboral ou enfermidade profesional aboarémosche:
- O 75% a partir do día seguinte á baixa médica.
- Por incapacidade permanente ou falecemento ocupámonos da túa pensión ou indemnización.
- Xestionamos a prestación por risco durante o embarazo e por risco durante a lactación.
En caso de prestación económica para o coidado de menores afectados por cancro ou outra enfermidade grave protexémosche economicamente a diminución dos ingresos, provocada pola redución da xornada laboral, como consecuencia da dedicación directa, continua e permanente do beneficiario ao coidado do menor.
En caso de cesamento de actividade un subsidio económico equivalente ao 70 %da túa base de cotización e, durante a súa percepción, a mutua seguirá cotizando para os efectos de continxencias comúns polo beneficiario.
Despois dun accidente laboral axudámosche a:
- Readaptarte profesionalmente formándote nunha nova ocupación, se non podes desempeñar á túa habitual.
- Solucionar os posibles desequilibrios económicos a través da nosa Reserva de Asistencia Social.
- Completar a túa recuperación co apoio dos nosos psicólogos e asistentes sociais.
En caso de optar pola cobertura de Accidente Laboral, pomos á túa disposición as seguintes actividades en Prevención de Riscos Laborais:
- Asistencia técnica, sobre os aspectos relacionados coa normativa.
- Asistencia personalizada para a preparación e entrega da documentación.
- Formación nas nosas aulas sobre os riscos e medidas preventivas inherentes á túa actividade.