Comprometernos contigo para mellorar
Queremos axudarche, darche o mellor servizo a ti e aos teus clientes. Propómosche un sistema de xestión para conseguilo entre todos:
A nosa comunicación debe ser áxil. Un dos nosos expertos ocuparase de xestionar e coordinar todo o necesario entre a túa asesoría e FREMAP: o teu xestor persoal .
- Asistencia Hospitalaria
- Rede de Centros
- A. Sanitaria no Estranxeiro
- Readaptación Profesional
- Traballo Social
- Psicoloxía
- Prevención
- Cursos
- Caixas de primeiros auxilios
- Asistencia Ambulatoria
- Xestión do Absentismo
- Bonus
Somos conscientes de que cos teus clientes debes actuar decontado, polo que che facilitamos información sobre os distintos asuntos que che competen:
- Comunicación en liña de asistencias médicas, baixas e altas dos traballadores dos teus clientes e dos teus autónomos
- Comunicación de xornadas, cursos, seminarios de interese, para ti e os teus clientes
- Comunicación de informes estatísticos e gráficos
- Comunicación de informes de absentismo
Sabemos que o teu tempo é valioso, polo que facilitamos as túas xestións a través da FREMAP Online.
- Tramitación ao Delt@ dos partes de accidente de traballo con baixa e sen baixa
- Xestión asistida de baixas de autónomos
- Obtención dos modelos T-10
- Solicitude de caixas de primeiros auxilios en liña
- Axuda asistida sobre custo de cotizacións dos teus autónomos
- Soporte en pagamento delegado. Confirmámosche a base reguladora e todos os meses enviámosche o detalle de deducións do mes anterior
Sé proactivo e infórmaos sobre os incentivos económicos a obter da súa mutua. Moitos dos teus clientes cumpren os requisitos para ser acredores ao BONUS
(sistema de incentivos económicos aos investimentos realizados en materia de prevención).
- Informámoste sobre cales dos teus clientes poden obter o BONUS correspondente ao ano anterior
- Informámoste sobre cales dos teus clientes poden estar cumprindo os requisitos durante o ano en curso para animalos a investir
- Asesorámoste en prevención, a ti e aos teus clientes